A miña lista de blogs

luns, 29 de xuño de 2020

Quietud

Baixo Castaños e Carballos
nun oasis de bosque autóctono
protexido de grises eucaliptos e acacias
descanso e reflexiono observando
o medio que me rodea.

Ao lonxe...
un Salgueiral reconquista seu hábitat,
un Canabal medra libre
e unha pequena Barxa refresca meus ollos,
coas súas herbas baixas.

Sobre un muro de pedra multiforme
coidadosamente disposta,
testemuña dunha antiga terraza de cultivos,
paro e reparo
no manto vexetal que me abriga.


Musgos e líquenes
con infinidade de verdes pintados
colonizan os cestos
que tranquilamente se compoñen.

Levoume a Cestería
descubrir o velo
que agochado tiña da miña mirada
esta maravillosa vida
que neste sempre presente Bosque
residía tan fermosa riqueza.

Unha Águia traza seu aéreo camiño,
obviando a miña presenza
agasáiame co seu planear,...
sereo e tranquilo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario