A miña lista de blogs

xoves, 23 de xullo de 2020

Iquedanzas

Amplias e ricas son as artes que o pobo practica
ricos e abundantes os obxectos que fabrica,
coa liberdade da creación
a creatividade toma vida,
(satisfacendo a quen o realiza
gratificando a quen o utiliza). 
Solucionando, facilitando
os quehaceres cotiás,
embelecendo e coidando
a quen llos toca realizar.

Cestas e cestos
encasillan a cestería,
mais ela non se deixa
e como rebeldía
móstranos unha e numerosas veces máis
que nen tan só de aire vive o home
nen de cestas e cestos
se ocupa dita e erudita artesanía.

É o Bozo un término que define varios obxectos
con diferentes utilidades
pero grandes semellanzas.


Neste caso é o Bozo
 fatídica trampa en forma de funil,
alma deste prehistórico artiluxio
chamado Nasa.
A astucia humana deseñou un sistema
onde as extraordinarias e tamén
prehistóricas anguías
que logo dunha longa viaxe,
poden pasar pero non retroceder,
quedando así atrapadas.


Deseño e funcionalidade
quedan fundidas
nesta esbelta peza
onde as formas orgánicas
e as finas láminas de madeira
compoñen e a realzan
 elegante e sinuosa.


Neste outro caso, aquí os Bozos
están deseñados para colocalos
no fuciño de vacas e bois.
Os animais podían respirar
pero non parar a comer
a suculenta herba
que polos camiños medraba,
quedando así obrigados, dobregados
a tirar dos carros.



Así o ser humán enganaba
a tan fabulosos e pacíficos peixes
case extintos hoxe en día,
e domesticaba e controlaba
a eses grandes mamíferos,
tan importantes na nosa evolución,
sagradas e respetadas en moitas culturas.

Ambos aparellos, hoxe en día,
 están en total desuso
pero dende ai moi pouco tempo
vexo certas semellanzas
do descrito anteriormente,
cun novo modelo de vida
que basado en principios moi antigos
parecen buscar e acadar obxectivos pretéritos
pero xa na trampa non caen anguías
nen detrás do bozo están tales mamíferos...

Ningún comentario:

Publicar un comentario