A miña lista de blogs

luns, 28 de xuño de 2021

Construíndo Vida

Un dia, camiñando por un pobo

na fiestra dunha tenda

pegada no cristal, penso recordar que por dentro,

lucía escrito nun simple e discreto papel

o seguinte diálogo:

CONSTRUÍNDO VIDA

-Xa descubrín porque me gustan tanto os vimbios.

-Si? E logo?                                                            

-Son supervivintes...córtalos e pasan tres meses...

Espétalos e arraigan. Gústalles a vida.               

-....                                                                        

-Gústalles a vida como a min.                             

-...                                                                        

-E como a ti.                                                       


 Están estes Seres-Vivos feitos de ganas de vivir,

córtalas en inverno, e as que preto da auga quedan,

rápido crean raíces pra beber...e así brotar na primaveira.

Pois ben, se as chantamos na terra,

e na vez de aleatoriamente, deseñamos unha forma,

na búsqueda innata da creación que o Ser-Humán posúe,

Elas, indeferentes aos nosos caprichos, igualmente farán seu cometido...

.....VIVIR....



En círculos para chozas e tipis, 

ovaladas para peches e lindeiros,

en liñas curvas ou rectas, mesturadas ou diferenciadas para túneis, circuitos, ramales..

todas valen, todo lle vale, sen opinar, sen opoñerse.



Cal batallón verde que invade unha zoa desértica

dispostas as varas para rexenerar un espazo

que noutrora foi bosque, mais que a man da urbanización

desterrrouna da vida e aterrouna con escombros 

de inservibels obras arquitectónicas,

agora, estas centinelas da vida, voltan colonizala... sen máis axuda

paradóxicamente, que as humanas mans que un día as destruíron.




Logo, os Elementos que traen Vida,

(os mesmos que nola permiten a nós

pois pouca diferenza ai

ambos somos Seres-Vivos)

proveerán do necesario para creala.




TERRA
AUGA
LUZ

E se engadimos algún tipo de entrelazado entre elas

se as cruzamos, moldeamos e dispoñemos aberturas

para entrar, observar e interactuar 

entre un lado e outro, entre escuridade e luz

entre dentro e fóra,

temos entón xa un deseño de amplas posibilidades.

                                





Xa tan só queda deixar que a maxia dos vimbios agrome,

e na formidable primaveira

o que semellaba unha estructura espida

comeza a encherse das follas que alimentarán a creación

e raíces que invadirán o sustrato, nutrindo, sustentando, arraigando

dende a desdeñada pero maravillosa escuridade.



                                           

E así, Ramas Arriba,

Raíces Abaixo... 

Constrúese a Vida.






venres, 20 de novembro de 2020

Fusión no Bosque IV: Bolas

 

 Pero por certa avaricia creadora ou por unha ambición desbocada 

ou por un engañoso afán de protagonismo ou porqué non, movido polo propio espazo 

que reclamaba sen dicir pero sí transmite, 

que o movemento debe ser libre, anárquico, sen sometemento, 

naceu así a seguinte obra, onde neste caso foron as aves as protagonistas, 

representantes da liberdade sen atamentos, virtudes ou anhelos cada vez máis alleos ao ser humán,

pero sí desexados.

Inspiradas na estructura dun niño, en consonancia coa estética dunha colmea,

varas foron entrelazándose sen ritmo contínuo aparente, aleatorias na súa colocación 

símil dun caos que garda unha potencial orde, escurridizo ao noso entendemento.

 


Mais o des-orde aparente sorprende cun resultado previamente deseñado, 

entón a pregunta brota en un, cómo pode o caos gardar unha orde?, 

cómo algo con forma definida pode ser caótica?...pero a evidencia salta a escena...

 


                                                                                  

Será pois que caos e orde conviven nun baile desconcertante para nosa mente?

que contínuamente busca a razón das cousas, desdeñando o azar e o misterio,

a maxia e o ser sendo sen explicación algunha?

Tan só queda liberar a ansia da razón, para que así podamos asumir que o des-control sexa parte natural

da nosa vida, sen temor e con serena aceptación.

 


Penduralas no aire era a pincelada final

dun cadro des-embarazado de encuadre limitante,

e así facer honor ao principio de liberdade buscado nesta obra.



"Imitando toscamente

a inmensa capacidade

que grandes e pequenas Aves

innatamente posúen,

recreando humildemente

a enorme habilidade

que con  pico e patas

elas crean e constrúen,

naceron estes Niño-Bolas"

xoves, 19 de novembro de 2020

Fusión no Bosque III: A Pérgola

Naceu este proxecto co fin de mostrar que arte e natureza son dous entes, dous conceptos,                dúas realidades conectadas, simbióticas, fusionadas e dependentes a unha da outra.                       Trátase por tanto con estas intervencións de demostrar non tanto tal veracidade que para un é, senón da capacidade esquecida nesta sociedade consumista da posibilidade de crear sen mercar, de crear co que a natureza nos ofrece. Por iso nestas obras todo o material empregado está no mesmo sitio onde se realizan, o sitio mesmo está composto destas fibras vexetais que dan forma e compoñen estes seres vivos primixenios, as primeiras formas vivas que exitiron neste planeta que nós habitamos.

 Foi primeiro a Choza, preludio da máxica inspiración que este espazo de bosque e río fixo medrar en min. Empregando os mesmos materias, varas de aveleira e vimbio, a creación foi neste caso dunha Pérgola, que sen deseño previsto, sen intención algunha, sen obxetivo proxectado nen finalidade definida, xurdío espontáneamente, condicionado simplemente polo medio que rodea o espazo escollido ao azar, conscientemente ou movido por unha enerxía etérea indefinida, propia da interación entre liberdade e creación, que experimentada nun medio natural... aflora. 





Todo comezou coas seis orientacións espaciais, as direccións cara onde a vida se expande, por onde a vida flúe:

Leste, por onde o Sol saúda cada mañá, 

Oeste, por onde éste se despide,

Norte, que frío e frescor trae, 

Sur, que calor e tronada achega,

Arriba, de onde vimos e a onde voltamos,

Abaixo, onde vivimos, onde morremos.

E así, en cada dirección foron colocadas as primeiras varas, de aveleira,                                 entrelazadas, trenzadas e tecidas, foron as seguintes, que neste caso serían de vimbios,                      dando corpo a unha estructura que as mans crearon.  



Parado, nun descanso, onde a observación cobra unha dimensión diferente                                            ou pensado doutra forma, cando realmente observamos con algo máis que os ollos,                       semellaba que a estructura estábame mirando,... ambos nos miramos,                                               creador e creado xogan ao "corre corre que te miro",                                                                           entón penso; 

é se non son eu tal creador?,

é se tan só son unha peza deste inmenso quebratestas do espazo que interveño? 

é se ela quixo que a fixera e paso a ser nada máis que un  títere do destino?

unha simple ferramenta par materializar algo que xa estaba deseñado anteriormente...


Coa obra xa presumiblemente rematada, por capricho con banal intención, un tronco de pino foi serrado para dar forma a un banco, onde a reflexión de quen quere aspirar o centro e partida dun viaxe descoñecido cára o interior dun mesmo, é posible,                                                                                    ou tan só como sinxelo xogo entre curvas e rectas conxugados nun mesmo plano, mostrando así que a mixtura dos diferentes, enrriquece, suma, embelece.



"Sinalando o Ceo

chantada na Terra

esta Pérgola Cesteira

revela e indica

o camiño que comeza,

ábrese e ofrece

un espazo onde;

descanso e reflexión,

xogo e alegría,

observación e creatividade

pódense conseguir,

é polo tanto

unha Ofrenda

a todo aquel e aquilo

que compón e forma

o Bosque"