A miña lista de blogs

luns, 28 de xuño de 2021

Construíndo Vida

Un dia, camiñando por un pobo

na fiestra dunha tenda

pegada no cristal, penso recordar que por dentro,

lucía escrito nun simple e discreto papel

o seguinte diálogo:

CONSTRUÍNDO VIDA

-Xa descubrín porque me gustan tanto os vimbios.

-Si? E logo?                                                            

-Son supervivintes...córtalos e pasan tres meses...

Espétalos e arraigan. Gústalles a vida.               

-....                                                                        

-Gústalles a vida como a min.                             

-...                                                                        

-E como a ti.                                                       


 Están estes Seres-Vivos feitos de ganas de vivir,

córtalas en inverno, e as que preto da auga quedan,

rápido crean raíces pra beber...e así brotar na primaveira.

Pois ben, se as chantamos na terra,

e na vez de aleatoriamente, deseñamos unha forma,

na búsqueda innata da creación que o Ser-Humán posúe,

Elas, indeferentes aos nosos caprichos, igualmente farán seu cometido...

.....VIVIR....



En círculos para chozas e tipis, 

ovaladas para peches e lindeiros,

en liñas curvas ou rectas, mesturadas ou diferenciadas para túneis, circuitos, ramales..

todas valen, todo lle vale, sen opinar, sen opoñerse.



Cal batallón verde que invade unha zoa desértica

dispostas as varas para rexenerar un espazo

que noutrora foi bosque, mais que a man da urbanización

desterrrouna da vida e aterrouna con escombros 

de inservibels obras arquitectónicas,

agora, estas centinelas da vida, voltan colonizala... sen máis axuda

paradóxicamente, que as humanas mans que un día as destruíron.




Logo, os Elementos que traen Vida,

(os mesmos que nola permiten a nós

pois pouca diferenza ai

ambos somos Seres-Vivos)

proveerán do necesario para creala.




TERRA
AUGA
LUZ

E se engadimos algún tipo de entrelazado entre elas

se as cruzamos, moldeamos e dispoñemos aberturas

para entrar, observar e interactuar 

entre un lado e outro, entre escuridade e luz

entre dentro e fóra,

temos entón xa un deseño de amplas posibilidades.

                                





Xa tan só queda deixar que a maxia dos vimbios agrome,

e na formidable primaveira

o que semellaba unha estructura espida

comeza a encherse das follas que alimentarán a creación

e raíces que invadirán o sustrato, nutrindo, sustentando, arraigando

dende a desdeñada pero maravillosa escuridade.



                                           

E así, Ramas Arriba,

Raíces Abaixo... 

Constrúese a Vida.






Ningún comentario:

Publicar un comentario