A miña lista de blogs

xoves, 19 de novembro de 2020

Fusión no Bosque III: A Pérgola

Naceu este proxecto co fin de mostrar que arte e natureza son dous entes, dous conceptos,                dúas realidades conectadas, simbióticas, fusionadas e dependentes a unha da outra.                       Trátase por tanto con estas intervencións de demostrar non tanto tal veracidade que para un é, senón da capacidade esquecida nesta sociedade consumista da posibilidade de crear sen mercar, de crear co que a natureza nos ofrece. Por iso nestas obras todo o material empregado está no mesmo sitio onde se realizan, o sitio mesmo está composto destas fibras vexetais que dan forma e compoñen estes seres vivos primixenios, as primeiras formas vivas que exitiron neste planeta que nós habitamos.

 Foi primeiro a Choza, preludio da máxica inspiración que este espazo de bosque e río fixo medrar en min. Empregando os mesmos materias, varas de aveleira e vimbio, a creación foi neste caso dunha Pérgola, que sen deseño previsto, sen intención algunha, sen obxetivo proxectado nen finalidade definida, xurdío espontáneamente, condicionado simplemente polo medio que rodea o espazo escollido ao azar, conscientemente ou movido por unha enerxía etérea indefinida, propia da interación entre liberdade e creación, que experimentada nun medio natural... aflora. 





Todo comezou coas seis orientacións espaciais, as direccións cara onde a vida se expande, por onde a vida flúe:

Leste, por onde o Sol saúda cada mañá, 

Oeste, por onde éste se despide,

Norte, que frío e frescor trae, 

Sur, que calor e tronada achega,

Arriba, de onde vimos e a onde voltamos,

Abaixo, onde vivimos, onde morremos.

E así, en cada dirección foron colocadas as primeiras varas, de aveleira,                                 entrelazadas, trenzadas e tecidas, foron as seguintes, que neste caso serían de vimbios,                      dando corpo a unha estructura que as mans crearon.  



Parado, nun descanso, onde a observación cobra unha dimensión diferente                                            ou pensado doutra forma, cando realmente observamos con algo máis que os ollos,                       semellaba que a estructura estábame mirando,... ambos nos miramos,                                               creador e creado xogan ao "corre corre que te miro",                                                                           entón penso; 

é se non son eu tal creador?,

é se tan só son unha peza deste inmenso quebratestas do espazo que interveño? 

é se ela quixo que a fixera e paso a ser nada máis que un  títere do destino?

unha simple ferramenta par materializar algo que xa estaba deseñado anteriormente...


Coa obra xa presumiblemente rematada, por capricho con banal intención, un tronco de pino foi serrado para dar forma a un banco, onde a reflexión de quen quere aspirar o centro e partida dun viaxe descoñecido cára o interior dun mesmo, é posible,                                                                                    ou tan só como sinxelo xogo entre curvas e rectas conxugados nun mesmo plano, mostrando así que a mixtura dos diferentes, enrriquece, suma, embelece.



"Sinalando o Ceo

chantada na Terra

esta Pérgola Cesteira

revela e indica

o camiño que comeza,

ábrese e ofrece

un espazo onde;

descanso e reflexión,

xogo e alegría,

observación e creatividade

pódense conseguir,

é polo tanto

unha Ofrenda

a todo aquel e aquilo

que compón e forma

o Bosque"





Ningún comentario:

Publicar un comentario