A miña lista de blogs

domingo, 15 de novembro de 2020

Outono..."outro ano"

 


 Chegou o outono

alleo a calquer acontecemento,

chegou come sempre

sen pancartas nen avisos.

Chegou ofrecendo, enchendo, agasaiando

toda a súa abundancia,

con todo seu esplendor de irreproducibles cores,

non é coincidencia pois

que a súa orixe signifique "plenitud".

 Moito sentido ten

cando ún dáse de conta

que próxima está a estación invernal

onde froitos e froitas escasean, as hortas se valeiran

e as follas das árbores dos bosques, 

co seu fermoso e atractivo troco de cor

avísannos do seu inminente vaile atraídas pola terra.

Vánse as árboes espindo delas

preparándose para o seu descanso anual,

pero non sen antes dar seu froito

coidado e madurado ao longo da estación estival. 

 



Noces, castañas, avelás

cogomelos, cabazas, millo,

enchen os cestos agora

do alimento que nos alimente

na época de frío e escasez

que o inverno necesariamente pretende.

Son os bosques, son os campos

son as barxas e os ríos

sitios de grande abundancia,

onde no inverno ou no vrán

ofrecen seus materiais,

materia prima da cestería

materia prima do artesán. 





xoves, 1 de outubro de 2020

Fusión no Bosque II : O proceso da Choza

 Incertos son estes tempos

onde medo e sometento

censura e aceptacón

semellan querelo anegar todo,

certos son estes tempos onde

carraxe e irritación

tristura e impotencia

son o que escribe padece.

Mais se somos quen de mirar

máis alá da manada "alienada" (forma)

ollaremos a ouvella "descarriada" (fondo)

e nela atoparemos un fío de esperanza,

unha inspiración de ilusión,

para os que irremediablemente

necesitamos dela.

 


A Guarida do Bosque

 

"Máis alá da creación

está quen a crea,

máis alá da ilusión 

está quen a sinte,

máis alá da beleza

está quen a mira."



xoves, 24 de setembro de 2020

Catro Elementos

"Tierra mi Cuerpo
Agua mi Sangre
Aire mi Aliento
Fuego mi Espíritu"

Así canta unha canción
as semellanzas entre Corpo e Natureza,
unindo así dous entes
a pimeira vista distantes,
que en moitas ocasións esquecemos
 dándonos a unha tecnoloxía
esteril de pureza
insípida de vida
austera en emocións,
en detrimento dunha "conexión" co natural
chea de beleza
rica de vida 
suntuosa emocional
que nos abriga e inspira.

Son os Catro Elementos
imprenscindibles tamén
para entender a arte da cestería,
que neste caso que se presenta e representa
céntrase na cestería de madeira rachada.

Da Terra nacen as árbores
seres marvillosos que nutren de frescura noso mundo
materia prima indispensable, 
que regados pola Auga
medran,
Auga que hidrata e rehidrata
tan doces fibras
que compoñen as madeiras,
que transformadas en láminas 
compoñerán cestas e cestos,
Aire que move o vento
ou vento que Aire é,
para respiración e formación da materia
para secar da húmida auga 
e dar vida ao Lume,
e Lume que quenta o ferro
que quente ao vivo encarnado
fura na madeira
como remate da composición.
Mais Lume é no remate
e Lume é no comezo,
quecendo as pólas
para poder abrilas e convertelas
en útiles para cestear.

En agradecemento á Natureza
que nos abastece de todo o necesario
en agradecemento á sabedoría 
que verbalmente foime transmitida
e agradecendo a aqueles
que me mostraron a maneria de facer,
naceu este vídeo
como canto á Vida
como homenaxe ao Saber.