Unha chamada, unha proposta...
e de pronto me atopo
nun lugar cheo de historias sen escribir,
tan só ou maravillosamente gravadas
nas lembranzas de quen me amosa o espazo.
No dintel de pedra dunha vella porta
carcomida polos anos
figura a data de 1923.
Tres alboios de cachotería,
onde cada un deles tiña unha función,
embelecen o lugar.
Nun deles as varas que penduran do teito
revelan que foi un secadero de xamóns e chourizos.
noutro, un forno de pan
onde o farrusco das paredes
amósanos todo o que alimentou tan
venerable construcción,
e no terceiro unha porta pechada
agocha seu misterio...
...pero temeroso a abrila
por un respeto inexplicable
poño o ollo nun óco
onde antes a madeira gardou
de miradas indiscretas...
...dentro, na escuridade,
pousado con delicadeza
sobre pedra e terra
descansa un cesto.
Agarda sen agardar nada,
semella que me observa...nos miramos.
Un fino e sutil haz de luz
o atravesa acariñando
É vello,
como todo o que o rodea,
xa non é necesario...
...quedan moi poucos
libres do lume ou o esquecemento.
Solitario na escuridade
agarda sen agardar
co seu silencio do pasado.