Un paseo polo Bosque
buscando a Maxia,
buscando as fadas e trasnos que nel moran
abríndose a él para escoitar o que transmite
deixándose levar sen pensar
deixarse..., encherse pola súa vida
para conectar e fundirse nun mesmo ser,
sendo bosque, sendo Terra
sendo o Aire que mece as follas
sendo a Auga que flúe polas súas veas....
e así, neste estado de Estar, Estando,
sendo Ser, sen querer,...
nace esta idea de construir
coas fibras vexetais que compoñen este bosque,
coa sabedoría que a Nai Cestería
garda no seu saber,
nun humilde e ilusionante intento
de Crear no Corazón mesmo da Creación.
"Coas máxicas varas de Aveleira
que as profundidades do bosque garda,
cos doces e flexibles Vimbios
que nas barxas medran e se cultivan,
ambos nutridos pola fresca Auga
do río Eifonso de Bene-Vívere,
e coas técnicas e sabedoría
que a arte da cestería practica,
creouse esta Choza,
recreación de vernáculas construccións
que o Ser-Humán ideou
para refuxio dos seus corpos, clanes e familias."
Rubén Berto
"Durante dúas semás dun caluroso mes de agosto na Galiza
tódalas tardes nosa única compaña foi o cantar dos paxaros e o murmurar da auga do río
ao seu paso polo sendero do Eifonso en Bembrive.
O entorno nos facilitou as varas de aveleira e vimbio,
todo o necesario para a construcción desta cabaña,
unha das tres intervencións que a cestería fixo neste fermoso e natural espazo.
Duro traballo, técnica, profundo amor pola natureza e oficio
foron os ingredientes que se conxugaron
para poder chegar á súa realización con éxito"
Carlos San Claudio