A miña lista de blogs

xoves, 24 de setembro de 2020

Catro Elementos

"Tierra mi Cuerpo
Agua mi Sangre
Aire mi Aliento
Fuego mi Espíritu"

Así canta unha canción
as semellanzas entre Corpo e Natureza,
unindo así dous entes
a pimeira vista distantes,
que en moitas ocasións esquecemos
 dándonos a unha tecnoloxía
esteril de pureza
insípida de vida
austera en emocións,
en detrimento dunha "conexión" co natural
chea de beleza
rica de vida 
suntuosa emocional
que nos abriga e inspira.

Son os Catro Elementos
imprenscindibles tamén
para entender a arte da cestería,
que neste caso que se presenta e representa
céntrase na cestería de madeira rachada.

Da Terra nacen as árbores
seres marvillosos que nutren de frescura noso mundo
materia prima indispensable, 
que regados pola Auga
medran,
Auga que hidrata e rehidrata
tan doces fibras
que compoñen as madeiras,
que transformadas en láminas 
compoñerán cestas e cestos,
Aire que move o vento
ou vento que Aire é,
para respiración e formación da materia
para secar da húmida auga 
e dar vida ao Lume,
e Lume que quenta o ferro
que quente ao vivo encarnado
fura na madeira
como remate da composición.
Mais Lume é no remate
e Lume é no comezo,
quecendo as pólas
para poder abrilas e convertelas
en útiles para cestear.

En agradecemento á Natureza
que nos abastece de todo o necesario
en agradecemento á sabedoría 
que verbalmente foime transmitida
e agradecendo a aqueles
que me mostraron a maneria de facer,
naceu este vídeo
como canto á Vida
como homenaxe ao Saber.




 

luns, 31 de agosto de 2020

Fusión no Bosque: A Choza

 


Un paseo polo Bosque

buscando a Maxia,

buscando as fadas e trasnos que nel moran

abríndose a él para escoitar o que transmite

deixándose levar sen pensar

deixarse..., encherse pola súa vida

para conectar e fundirse nun mesmo ser,

sendo bosque, sendo Terra

sendo o Aire que mece as follas

sendo a Auga que flúe polas súas veas....

e así, neste estado de Estar, Estando,

sendo Ser, sen querer,...

nace esta idea de construir 

coas fibras vexetais que compoñen este bosque,

coa sabedoría que a Nai Cestería

garda no seu saber,

nun humilde e ilusionante intento

de Crear no Corazón mesmo da Creación.


"Coas máxicas varas de Aveleira

que as profundidades do bosque garda,

cos doces e flexibles Vimbios

que nas barxas medran e se cultivan,

ambos nutridos pola fresca Auga

do río Eifonso de Bene-Vívere,

e coas técnicas e sabedoría

que a arte da cestería practica,

creouse esta Choza,

recreación de vernáculas construccións

que o Ser-Humán ideou

para refuxio dos seus corpos, clanes e familias."

Rubén  Berto                                         



                "Durante dúas semás dun caluroso mes de  agosto na Galiza

tódalas tardes nosa única compaña foi o cantar dos paxaros e o murmurar da auga do río

ao seu paso polo sendero do Eifonso en Bembrive.

O entorno nos facilitou as varas de aveleira e vimbio,

todo o necesario para a construcción desta cabaña,

unha das tres intervencións que a cestería fixo neste fermoso e natural espazo.

Duro traballo, técnica, profundo amor pola natureza e oficio

foron os ingredientes que se conxugaron

para poder chegar á súa realización  con éxito"           

                                                                                                                                                                        Carlos San Claudio




xoves, 23 de xullo de 2020

Iquedanzas

Amplias e ricas son as artes que o pobo practica
ricos e abundantes os obxectos que fabrica,
coa liberdade da creación
a creatividade toma vida,
(satisfacendo a quen o realiza
gratificando a quen o utiliza). 
Solucionando, facilitando
os quehaceres cotiás,
embelecendo e coidando
a quen llos toca realizar.

Cestas e cestos
encasillan a cestería,
mais ela non se deixa
e como rebeldía
móstranos unha e numerosas veces máis
que nen tan só de aire vive o home
nen de cestas e cestos
se ocupa dita e erudita artesanía.

É o Bozo un término que define varios obxectos
con diferentes utilidades
pero grandes semellanzas.


Neste caso é o Bozo
 fatídica trampa en forma de funil,
alma deste prehistórico artiluxio
chamado Nasa.
A astucia humana deseñou un sistema
onde as extraordinarias e tamén
prehistóricas anguías
que logo dunha longa viaxe,
poden pasar pero non retroceder,
quedando así atrapadas.


Deseño e funcionalidade
quedan fundidas
nesta esbelta peza
onde as formas orgánicas
e as finas láminas de madeira
compoñen e a realzan
 elegante e sinuosa.


Neste outro caso, aquí os Bozos
están deseñados para colocalos
no fuciño de vacas e bois.
Os animais podían respirar
pero non parar a comer
a suculenta herba
que polos camiños medraba,
quedando así obrigados, dobregados
a tirar dos carros.



Así o ser humán enganaba
a tan fabulosos e pacíficos peixes
case extintos hoxe en día,
e domesticaba e controlaba
a eses grandes mamíferos,
tan importantes na nosa evolución,
sagradas e respetadas en moitas culturas.

Ambos aparellos, hoxe en día,
 están en total desuso
pero dende ai moi pouco tempo
vexo certas semellanzas
do descrito anteriormente,
cun novo modelo de vida
que basado en principios moi antigos
parecen buscar e acadar obxectivos pretéritos
pero xa na trampa non caen anguías
nen detrás do bozo están tales mamíferos...