A miña lista de blogs

domingo, 7 de xuño de 2020

O Nacemento

Nace este diario de vida, de cestería,
este caderno de viaxe, testamento dun mortal,
movido por algo descoñecido que mora nos meus adentros.
Os motivos sobran pois o transcendente (porsuposto para mín)
é que colle forma física, vida terrenal
en forma de palabras que toscamente sei utilizar
e imaxes que prestadas collo da natureza que me abraza.

Curiosamente ai uns días coidando das prantas de vimbio
que cultivo para nutrirme dunhas das fibras vexetais
que emprego neste humilde pero ilustre arte,
atopei no medio deles, enredado coidadosamente
coa mesma arte que cestas e cestos se compoñen,
o niño dun paxaro.


Impulsado pola curiosidade
na observación que durante días practiquei
descubrín que merla e merlo
traballaron afanosamente en fascinate colaboración
cos seus dorados peteiros,
na maravillosa creación dun pequeno cunco de fibras vexetais,
él principalmente abastecendo de musgo, herbas,
raíces e pequenas poliñas,
ela habilidosamente dando forma a ese pequeno berce.

Adobado con barro como remate da obra,
días despois catro ovos de verde esmeralda 
mixturados de azuis turquesas
definiron a maravillosa obra da creación.

E naceron,...